O cuarto ingrediente: Preparadores de Oposiciones
Todos os que nos enfrontamos a un proceso selectivo para ser profesores de secundaria sabemos o esforzo que supón, a loita contra as propias capacidades e medos que leva consigo e a cantidade de disciplina, auto-esixencia e tempo que se debe dedicar para logralo.
Dende a perspectiva dunha recentemente nomeada “funcionaria en prácticas” recoméndovos, a aqueles que percorredes agora este camiño, a receita que me axudou a conseguilo: mentalidade gañadora, moita disciplina, moitísima organización e axuda para a preparación de todo o proceso.
Os tres primeiros ingredientes dependen de vós. Con respecto ó cuarto, eu tiven a sorte de que sendo substituta unha compañeira (que tamén aprobou as opos en 2016) me recomendase a Alejandro como preparador. O seu sistema para as oposicións posúe varias características que, na miña opinión, o fan o máis axeitada:
A súa proposta é realista. De nada serve memorizar milleiros de nomes para o visu se se descoidan o resto de aspectos do proceso selectivo. Neste sentido, a formación de Alejandro axústase moito ó tempo de que dispoñemos (incluso os que xa traballamos) e a dificultade dos contidos adáptase perfectamente ó requirido para as oposicións.
A formación é personalizada. Os grupos nunca exceden os 10 alumnos e Alejandro sempre está disposto a explicar individualmente aqueles aspectos que supoñan un problema ou sobre os que poidan existir dúbidas.
O material está perfectamente axustado en extensión e contidos. A maioría dos temas xa están resumidos, polo que non é necesario investir tanto tempo tempo en acadar un resumo completo e adaptado ó tempo.
As explicacións de Alejandro son claras e moi rigorosas. Realmente toca todos os paus, e con moito acerto. Destaco a explicación dos problemas e os mapas xeolóxicos, xa que son aspectos que poden resultar difíciles a priori para algunha xente e que tras o filtro de Alejandro deixan de ter segredos.
Con respecto á didáctica, considero que a súa lectura da lexislación actual é práctica, manexable e comprensible, e sobre todo, está construída dende a experiencia da práctica docente.
Finalmente, comentar o marabilloso ambiente de traballo, cooperación e camaradería da miña clase, totalmente afastado da competitividade agresiva e no que todo o mundo estaba disposto a aportar. Fun realmente afortunada de ter uns compañeiros tan preparados e encantadores.
En resumo, abonda dicir que se estades pensando non só en preparar opos, senón en aprobalas, Alejandro é a mellor opción. E lembrade: repasar, repasar e repasar!!