Preparadora de oposicións de lingua galega e literatura galega en Santiago

Necesitas axuda para preparar a túa oposición de lingua galega e literatura galega? En Preparadores de Oposicións, estamos especializados na preparación desta oposición da Xunta de Galicia. Contamos con ampla experiencia e unha magnífica preparadora que che orientará e acompañase no teu camiño cara á ansiada praza de profesor ou profesora de galego ou literatura galega.

Como che axudaremos a preparar a túa oposición de secundaria de lingua galega e literatura?

Para a próxima convocatoria de oposicións de lingua galega lanzaranse un total de 51 Prazas. Unha oportunidade única de conseguir a túa praza fixa como profesor ou profesora de lingua galega e literatura en Galicia.

Contamos cunha ampla experiencia como preparadores de oposicións de educación en Santiago de Compostela, coñecemos os criterios de avaliación do Tribunal, os temas máis relevantes e a forma máis adecuada para preparar unha oposición como esta.

Traballamos con temario oficial da oposición de lingua e literatura galega actualizado.

O noso profesorado está especializado en axudar a opositores a preparar da mellor maneira posible esta proba e viviu as mesmas experiencias que ti, así que saberá poñerse no teu lugar.

Os resultados e a satisfacción dos nosos alumnos son o noso mellor aval.

A preparación da oposición de lingua galega e literatura galega que che propoñemos consta de:

  • 2 módulos de estudo específico.
  • Clases presenciais no centro de Santiago de Compostela.
  • Posibilidade de clases non presenciais, se o necesitas.
  • Grupos reducidos. Diferenciámonos dunha academia de oposicións en dar un trato persoal e próximo, por iso os nosos grupos son de 9 persoas (excepcionalmente 10).
  • 1 sesión por semana de 4 horas, con descanso de 15 minutos.
  • Poderás contactar co noso profesorado a calquera hora do día para liquidar as túas dúbidas.
  • Preparámosche non só para aprobar a túa oposición, senón para conseguir a túa praza fixa dentro do corpo de profesor ou profesora de galego ou literatura galega.

Aberto Prazo  de Matrícula

Curso 2020-21

Solicita agora máis información

Ou ben ponche en contacto connosco chamando ao:

651 191 083 ou escribindo un e-mail a:

preparadores.opos@gmail.com