Preparadora oposicions de portugués

Necesitas axuda para preparar a túa oposición de lingua portuguesa? En Preparadores de Oposicións contamos cunha preparadora especializada na preparación da oposición de lingua portuguesa.

Unha persoa cunha ampla experiencia docente, con moitos anos preparando esta especialidade en Galicia e cunha alta porcentaxe de aprobados. Coñece os criterios de avaliación do Tribunal, os temas máis relevantes desta oposición e a forma máis adecuada para preparar esta especialidade de educación.

Cómo che axudaremos a preparar a túa oposición de portugués?

A nosa preparadora traballa cun temario de oposicións de portugués actualizado.

A preparación da oposición de lingua portuguesa que che propoñemos consta de:

  • 1 módulo de preparación de oposición de portugués.
  • Clases presenciais no centro de Santiago de Compostela.
  • Posibilidade de preparación en liña se o necesitas.
  • Grupos reducidos. Diferenciámonos dunha academia de oposicións en dar un trato persoal e próximo, por iso os nosos grupos son de 9 persoas (excepcionalmente 10).
  • 1 sesión por semana de 4 horas, con descanso de 15 minutos.
  • Poderás contactar co noso profesorado a calquera hora do día para liquidar as túas dúbidas por medio da nosa Aula virtual.

Aberto Prazo de Matrícula

Curso 2023/24

Solicita agora máis información

Ou ben ponte en contacto chamando ao

651 191 083 ou vía e-mail a:

info@preparadoresoposiciones.com