Os teus preparadores de oposición de educación en Compostela

“Preparadores de Oposicións” non somos unha academia, somos un grupo de profesores que ofertamos unha formación próxima para a preparación de oposicións aos corpos docentes.

A idea xorde hai anos, cando un preparador e unha preparadora de oposicións de educación, decidimos que a academia para a que traballabamos non nos permitía ofrecer a atención que o alumnado necesitaba, nin nos permitía flexibilizar a oferta formativa para adaptala aos seus diferentes perfís.

Así naceu este proxecto, exitoso en canto ao nivel de satisfacción do alumnado e ao número de aprobados. Se queres ser mestre de educación infantil ou primaria, ou formar parte do profesorado de ensino secundario no ámbito do ensino público, este proxecto pódeche interesar..