Preparadora oposicións Educación Física en Santiago

Infórmache sen compromiso do que a nosa preparadora de oposicións de Educación Física pode facer por ti.

A nosa preparadora de oposicións de mestres e mestras de educación física axudou a moitos opositores e opositoras como ti a conseguir unha praza fixa dentro do corpo de mestres e mestras da Xunta de Galicia. Así que deixarás a túa preparación en boas mans.

A continuación explicámosche a súa metodoloxía.

Como preparará as túas oposicións de Educación Física de Primaria?

Unha boa oportunidade de conseguir a túa praza fixa dentro do corpo de funcionarios de educación de Galicia.

Se non queres preparar a oposición ti só ou soa, podes apoiarche na experiencia da nosa preparadora de oposición de educación física de primaria da Xunta de Galicia.

Conta cunha ampla experiencia docente, coñece en profundidade as esixencias das oposicións de educación infantil, así como os criterios de avaliación do Tribunal en Galicia deste tipo de oposición.

Traballa con temario para oposicións de mestre ou mestra de educación física actualizado, e poderá ofrecerche consello e orientación, xa que a túa preparadora  viviu as mesmas experiencias que ti, xa que actualmente é profesora de educación infantil en activo.

Os seus resultados e a satisfacción dos seus antigos alumnos son o seu mellor aval.

A preparación de Oposicións de educación física de primaria consta de:

  • 1 módulo de estudo específico para preparar a oposición educación física da Xunta.
  • Clases presenciais no centro de Santiago de Compostela.
  • Grupos reducidos, xa que nos diferenciamos dunha academia de oposicións en dar un trato persoal e próximo, por iso os nosos grupos como máximo son de 9 persoas (excepcionalmente 10).
  • 1 sesión por semana de 4 horas, con descanso de 15 minutos.
  • Poderás contactar coa túa preparadora de oposicións a calquera hora do día para liquidar as túas dúbidas.

Aberto prazo matrícula

Curso 2024/25

Solicita aquí máis información

Ou ben ponte en contacto connosco

651 191 083

info@preparadoresoposiciones.com