A preparación de todo este volume de información é complexa, faise necesario SELECCIONAR con CRITERIO. Esta selección do tipo de coñecementos que se deben adquirir e o punto de vista co que se deben tratar, facémola coñecendo o perfil dos tribunais (mestres ou profesores de secundaria) e coa experiencia de nosa propia preparación e a dos opositores que xa pasaron polas nosas clases.
O estudo a longo prazo que se require, moi distinto ao que adoitábamos utilizar na facultade, fai necesario a planificación de pequenas metas, que nos servirán para evitar o desánimo e a desmotivación, e para ir avaliando o noso rendemento periodicamente. Isto é unha tarefa moi sinxela cando volo facemos nós e cando un grupo traballa sobre os mesmos contidos, pero faise moi difícil en solitario.