Oposicións Educación Galicia

  1. As oposicións docentes son convocadas polas Comunidades Autónomas, no ámbito das súas competencias, aínda que os funcionarios que xorden delas son Funcionarios do Estado.
  2. Na función pública docente accédese a unha especialidade dentro dun dos grandes corpos:
    • Primaria (especialidade de infantil, primaria, PT, AL, inglés, etc.), para o que é necesario ser graduado/diplomado en maxisterio ou equivalente.
    • Secundaria (con especialidades para todas as materias de ESO, BACH. e CICLOS FORMATIVOS), para o que é necesario ser licenciado/graduado e poseer o correspondente título didáctico (CAP ou máster).
  3. Cada unha das dezasete CC.AA. poden convocar oposicións, cando decidan e das especialidades que consideren, respectando a porcentaxe de reposición marcado polo goberno central, tendo pasado na actualidade do 50 ó 100% para EDUCACIÓN, sanidade, etc.
  4. convocatoria, na inmensa mayoría dos casos, publícase entre os meses de marzo e abril para celebrar as oposicións a finais do mes de xuño do mesmo ano, polo que non se pode esperar á convocatoria para empezar a prepararse.
  5. As oposicións ós corpos docentes, se exceptuamos as especialidades de formación profesional, convócanse con bastante frecuencia e esta frecuencia aumenta moito se o opositor non se cingue a presentarse só na súa comunidade autónoma (un exemplo: en secundaria, na especialidade de bioloxía e xeoloxía, nos últimos oito anos se convocáronse oposicións en seis ocasións).

A estrutura xeral das oposicións consiste en tres fases:

Sistema de acceso (Real Decreto 276/2007)

PARTE A

Proba na que o candidato demostrará os seus coñecementos sobre a especialidade á que accede:
a.1.- Tema escrito
Faise necesario estar ben asesorado sobre que temas estudar e como plasmalos nun examen no que o factor limitativo son as dúas horas de tempo.
a.2.- Práctico
Os tribunais poden formular infinidade de preguntas, cuestións e/ou supostos polo que se fai imprescindible restrinxir tal diversidade de opcións.

PARTE B

Proba na que se comprobará a aptitude pedagóxica o seu dominio das técnicas para o exercicio docente:
(nas especialidades de Orientación e Mestres de A.L e P.T. esta parte varía)
b.1.- Programación didáctica
A redacción da programación é moi importante, xa que será a base para unha boa defensa. Convén non perder o tempo e ir ó esencial.
b.2.- Unidade didáctica
Defenderase oralmente unha unidade extraída da túa programación. Ó igual que antes, as unidades didácticas hai que elaboralas pensando no contexto no que van a ser expostas. A preparación da defensa é máis importante que a propia redacción.

A preparación de todo este volume de información é complexa, faise necesario SELECCIONAR con CRITERIO. Esta selección do tipo de coñecementos que se deben adquirir e o punto de vista co que se deben tratar, facémola coñecendo o perfil dos tribunais (mestres ou profesores de secundaria) e coa experiencia da nosa propia preparación e a dos opositores que xa pasaron polas nosas clases.

O estudo a longo prazo que se require, moi distinto ó que acostumabamos a utilizar na facultade, fai necesaria a planificación de pequenas metas, que nos servirán para evitar o desánimo e a desmotivación, e para ir avaliando o noso rendemento periodicamente. Esta é unha tarefa moi sinxela cando a facemos nós e cando un grupo traballa sobre os mesmos contidos, pero faise moi difícil en solitario.