Preparadores Oposicións Educación

INFANTIL | PRIMARIA | SECUNDARIA

As nosas especialidades

Mestres e Mestras de Educación Primaria

  • INFANTIL
  • PRIMARIA
  • A.L.
  • P.T.
  • EDUCACIÓN FÍSICA

Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato

  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
  • XEOGRAFÍA E HISTORIA
  • LINGUA CASTELÁ (semipresencial)
  • LINGUA GALEGA
  • MATEMÁTICAS
  • ORIENTACIÓN EDUCATIVA
  • INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA

Os Nosos Valores

Compromiso

O noso equipo de docentes esfórzase ao máximo para que o noso alumnado obteña o mellor resultado.

Mellora Continua

O noso equipo está sempre renovándose para estar actualizados.

Pro Actividade

Actuamos de maneira positiva sobre todas as dúbidas que che poidan xurdir.

Metodoloxía

En todas as especialidades a metodoloxía xeral é a mesma:

  • Grupos reducidos para poder implicarse na preparación do alumnado.
  • Sesión presencial semanal para traballar sobre o práctico, orientar ao alumnado sobre os temas e achegar o material de estudo.
  • Profesorado coa oposición aprobada e con ampla experiencia docente.
  • Comunicación fluída vía correo electrónico para resolver as dificultades xurdidas durante a semana.

As nosas funcións como preparadores/ as son:

  • Proporcionar consellos prácticos sobre como enfocar esta oposición.
  • Deseñar un plan xeral de traballo para o curso e concreto para cada sesión.
  • Comprobar o cumprimento de pequenas metas-obxectivos.
  • Seleccionar o material práctico para adaptar a súa preparación aos diferentes niveis de implicación.
  • Primar os contidos dos temas e a súa estrutura.
  • Practicar a exposición oral: defensa da parte didáctica.
  • Organizar a programación e as unidades didácticas.
  • Transmitir un espírito optimista á vez que realista da oposición.
  • Utilizar a experiencia adquirida doutros opositores e a propia para orientar aos alumnos.

Reservas

É moi importante que reserves a túa plaza canto antes, xa que o número de alumnos/as por grupo é limitado e reducido (criterio para a admisión: orde de reserva).